“RETOS PARA UN MERCADO DE TRABALLO EQUITATIVO NO CONTEXTO DUNHA ECONOMÍA COMPETITIVA, SOCIAL E MEDIOAMBIENTALMENTE SOSTIBLE”
Desde a organización do Congreso, invitamos a presentar comunicacións relacionadas cos mencionados ámbitos do Dereito e enmarcadas na temática do evento. As devanditas comunicacións deben ser enviadas ós enderezos electrónicos rosarodriguez@uvigo.es, para as relativas a Dereito do Traballo, e saralouredo@uvigo.es, para as correspondentes a Dereito Mercantil, cubrindo o formulario que se pode encontrar ao final deste anuncio (no link correspondente). O prazo máximo para enviar este documento é o 1 de maio de 2021.
A dirección do Congreso comunicará a aceptación ou denegación aos interesados antes do 10 de maio, por medio do mesmo correo electrónico empregado para o envío de propostas. As comunicacións admitidas serán expostas nun tempo máximo de 12 minutos. A organización do Congreso cubrirá os gastos de aloxamento dos autores das comunicacións que sexan aceptadas e que decidan asistir de xeito presencial, sempre que a situación sanitaria o permita.
Finalmente, a organización prevé a publicación dos relatorios e comunicacións nun libro recopilatorio. Xa que logo, pregamos aos autores que indiquen no formulario de proposta o seu compromiso de enviar o texto final da comunicación antes do 31 de xullo, ao obxecto de que a obra colectiva se poida publicar antes do remate do ano en curso. As colaboracións deben respectar as normas de edición dos traballos da sección de doutrina da Revista Actas de Derecho Industrial (ADI):
- Extensión máxima de 30 páxinas.
- Con título, resumo (de máximo 15 liñas), palabras clave (mínimo 3) e un sumario. Todo no idioma orixinal do traballo e en inglés. Se o traballo estivese redactado en inglés, os anteriores apartados deben ir en castelán.
- Debe proporcionarse a cualificación profesional do autor/a e o nome da institución de traballo, así como unha dirección postal ou de correo electrónico. Esta información debe figurar na primeira nota ó pé.
- Normas técnicas: letra Times New Roman 12 (notas a pé en 10), interliñado de 1,5 (notas a pé debe ser simple), marxes 3-3-3-3. Os epígrafes e sub-epígrafes do traballo incluiranse en negriña e seguirán o seguinte formato: I.; 1.; 1.1; 1.1.1; A)
- As citas bibliográficas se realizarán en nota a pé de páxina e existirá un apartado final, que formará parte do sumario, cunha lista de bibliografía citada.
- As citas en nota a pé, incluída a primeira cita, faranse do seguinte modo: primeiro apelido ou apelidos do autor (en maiúsculas), ano de publicación (entre paréntese) e páxina citada. Por exemplo: FERNÁNDEZ-NÓVOA (2014), pág. 50.
- No epígrafe final de Bibliografía deberá constar a referencia completa das obras citadas en nota a pé, de acordo cos seguintes parámetros:
- Monografías: apelidos do autor (en maiúscula), nome completo, ano de publicación (entre paréntese), título da obra (en cursiva), editorial e lugar de publicación. Por exemplo: FERNÁNDEZ-NOVOA, Carlos (2014), Estudios sobre la protección de la marca renombrada, Marcial Pons, Madrid.
- Capítulos de libro ou partes dunha obra colectiva: apelidos do autor (en maiúscula), nome completo, ano de publicación (entre paréntese), título do capítulo (entre comiñas), engadindo a continuación en AAVV ou, alternativamente, o primeiro apelido ou os apelidos e inicial do nome do/s director/es, editor/es ou coordinador/es, título do libro ou obra colectiva (en cursiva), editorial, lugar de publicación e páxina inicial e final do capítulo. Por exemplo, BOTANA AGRA, Manuel (2013), “En torno al Tratado de la OMPI sobre la protección de las interpretaciones y ejecuciones audiovisuales (Tratado de Beijing)”, en TOBÍO RIVAS, A. M.ª; FERNÁNDEZ-ALBOR BALTAR, A. y TATO PLAZA, A. (eds.), Estudios de Derecho Mercantil. Libro homenaje al prof. Dr. Dr. h. c. José Antonio Gómez Segade, Marcial Pons, Madrid, págs. 595-606.
- Artigos de revista: apelidos do autor (en maiúscula), nome completo, ano de publicación (entre paréntese), título do traballo (entre comiñas), nome da revista (en cursiva), volume, número (se o houber) e páxinas inicial e final do artigo. Por exemplo: GÓMEZ SEGADE, José Antonio (2014), “Hacia una nueva Ley de Patentes española”, ADI 34 (2013-2014), págs. 337-356.
- Finalmente, se o mesmo autor ten máis dunha obra no mesmo ano de publicación distinguirase a cita engadindo ó ano A, B, C…, tanto en nota a pé como na lista de bibliografía citada.
- Plantilla propuesta de comunicación