Dúas conferencias e un curso para a formación en Dereito

Este venres acolleu intervencións sobre empresas e dereitos humanos e o complemento por maternidade

Antoni Pigrau Solé, Belén Sánchez e Francisca Fernández Prol na primeira das conferencias celebradas este venres

No marco da programación destinada á formación complementaria de alumnado e profesorado, a Facultade de Dereito do campus de Ourense está a organizar diversas accións. Así, este venres celebrou a segunda sesión do seu Curso de Actualización Xurídica, na que dous especialistas ofreceron conferencias sobre empresas e dereitos humanos e sobre o complemento por maternidade. O centro tamén celebrará proximamente un curso de oratoria xurídica orientada ao exercicio da avogacía.

Ler a nova completa no DUVI