O Grupo de Investigación DMT da Universidade de Vigo, recoñecido como de Potencial Crecemento pola Xunta de Galicia, cuxo obxecto é o a análise do marco xurídico das actividades económicas nas que as relacións entre a normativa laboral e mercantil son máis intensas, organiza os días 11 e 12 de xuño, en formato semipresencial o seu Congreso final de Proxecto.
O Congreso deriva da necesidade de examinar, desde unha perspectiva multidisciplinar, aqueles ámbitos novidosos nos que a relación entre o Dereito Mercantil e o Dereito do Traballo é máis conflitiva, coa finalidade de desenvolver políticas de Dereito concorrentes que proxecten principios xurídicos comúns entre ambas disciplinas.
O evento terá lugar na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo e contará coa presencia de relatores de recoñecido prestixio dos ámbitos do Dereito Mercantil e do Traballo, estando aberto a estudantes, investigadores, profesionais e público interesado en xeral.