A xornada pretende achegar, dende unha perspectiva práctica, aos estudantes -de Formación Profesional e universitarios-, así como á sociedade, as diversas saídas profesionais vinculadas ao sector pesqueiro: empregos e profesións a bordo, profesións xurídicas vinculadas ao sector marítimo pesqueiro, emprego na acuicultura e profesións vinculadas á protección dos recursos pesqueiros e do medio mariño.
Inscrición
Ata o 20 de novembro de 2020, mediante correo electrónico remitido a idozo@uvigo.es, indicando:
– Nome e apelidos
– DNI
– E-mail
– Enderezo
– Profesión ou, no caso dos estudantes, centro e grao ou ciclo de procedencia
* O link e clave de acceso serán facilitados aos participantes previa inscrición.