Jaime Cabeza publica un libro no que establece os límites entre o que é traballo subordinado e autónomo

A obra, publicada por Bomarzo, achega a postura do Tribunal de Xustiza da Unión Europea

Jaime Cabeza, autor do libro

O catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social Jaime Cabeza acaba de sacar ao mercado un novo libro, unha obra dirixida basicamente á comunidade académica, pero tamén de moita utilidade para todos aqueles profesionais en activo que teñan que defender a persoas que son traballadoras subordinadas, pero ás que as empresas lle discuten esta condición e as tratan como autónomas, o que supón, entre outros aspectos, ter a condición de empresa e estar suxeito ao Dereito da Competencia. Falamos da obra El ámbito del trabajo subordinado y del trabajo autónomo en el Derecho de la Unión Europea, editada por Bomarzo, e na que Cabeza achega aos lectores a visión que ten sobre estas cuestións o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, institución que leva tempo xa construíndo conceptos propios, non dependentes dos sistemas xurídicos dos Estados membros, de que é un traballador subordinado e que é un traballador autónomo

Ler a noticia completa no DUVI