O profesor da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo Pablo Fernández Carballo-Calero acaba de sacar ao mercado a primeira monografía que se publica en España sobre o coñecido como carpooling ou viaxe en coche compartido, un estudo pormenorizado no que analiza a problemática xurídica que xurde arredor deste tipo de viaxes, cada vez máis populares, e no que inclúe unha análise específica do modelo de negocio de BlaBlaCar, unha plataforma que conta con máis de cinco millóns de usuarios e usuarias en España e máis de 80 millóns en todo o mundo.
Un profesor da UVigo publica a primeira monografía española sobre as problemáticas xurídicas da viaxe en coche compartido
Pablo Fernández Carballo-Calero afonda nesta obra en temas como a responsabilidade da plataforma e d
