Inicio

 

Grupo de investigación DMT

O grupo de investigación DMT, creado no ano 2018, é o froito da unión dos grupos de investigación PU.CO.PI e DT1. Tales grupos destacaran previamente nos seus ámbitos de coñecemento (respectivamente o Dereito Mercantil e o Dereito do Traballo e da Seguridade Social) pola súa traxectoria académica e investigadora.
Neste senso, ambos os dous grupos contaron con financiamento ininterrompido dos seus proxectos acadado da concorrencia a convocatorias públicas competitivas de ámbito estatal e autonómico, fundamentalmente. Sendo ademais, o DT1, a Universidade Coordinadora en varios dos proxectos nacionais coordinados.